Para Líster

  • Margarita Ledo Andión
  • 2007
  • Curta documental
  • 15'
  • Galego

Este filme proxectouse en abril de 2007 en terras da “Batalla del Ebre”, co gallo dunha homenaxe a Líster. Como a balada que conduz o filme, “Para Líster” traballa os materiais e os lugares máis próximos a esta personaxe canda a súa perpetua pasaxe e esa atracción, sen fin, polo aletexo vermello das bandeiras mentres soa a internacional en ruso.

Film credits
Guion e direción Margarita Ledo Andión
Colaboración especial Silvia Roca, Mercedes Peón, Margarita Fernández
Arquivo Familia Líster López
Debuxos Antonio Palacios
Animación Nbeck
Agradecementos Associació Pro – Enrique Líster, L'Hospitalet; Familia Liste, Ameneiro; Carmen Ochoa, viúva de Antonio Palacios; participantes no filme <em>Liste, pronunciado Líster</em>

Margarita Ledo Andión

Margarita Ledo Andión é directora cinematográfica, escritora e profesora catedrática de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela.

Doutora en Ciencias da Comunicación pola Universitat Autònoma de Barcelona, foi investigadora asociada no Département d’Etudes Cinematographiques et Audiovisuelles, Université Paris 8; Department of Theatre, Film and Tv Studies, University of Wales-Aberystwyth: Département de Sciences de l’Information et de la Communication, Université de Haute Bretagne, e no Dublin Institute of Technology.

Preside a Federación Lusófona de Ciencias da Comunicación (LUSOCOM) e a Asociación Galega de Investigación en Comunicación (AGACOM); é membra da Comisión Executiva da Asociación Española de Investigación en Comunicación (AEIC) e do Consello editorial das revistas científicas A Trabe de Ouro (Sotelo Blanco Edicións, Compostela) e Trípodos (Universitat ramonllull, Barcelona).