Santa Liberdade
- Margarita Ledo Andión
- 2004
- Documental
- 88'
- Galego, portugués, inglés e español
1961: o trasatlántico Santa María que fai a rota Venezuela-Galiza, é asaltado por un comando do DRIL –Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación- para chamar a atención encol das Ditaduras de Franco e Salazar. Trece días, trece noites, o navío muda o seu nome polo de SANTA LIBERDADE e pasa a ser escenario dalgúns acontecementos que definen o ventre do século. Tres membros do comando reencóntranse por primeira vez para ser as personaxes centrais do filme.
Film credits
Margarita Ledo Andión
Margarita Ledo Andión é directora cinematográfica, escritora e profesora catedrática de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela. Doutora en Ciencias da Comunicación pola Universitat Autònoma de Barcelona, foi investigadora asociada no Département d’Etudes Cinematographiques et Audiovisuelles, Université Paris 8; Department of Theatre, Film and Tv Studies, University of Wales-Aberystwyth: Département de Sciences de l’Information et de la Communication, Université de Haute Bretagne, e no Dublin Institute of Technology. Preside a Federación Lusófona de Ciencias da Comunicación (LUSOCOM) e a Asociación Galega de Investigación en Comunicación (AGACOM); é membra da Comisión Executiva da Asociación Española de Investigación en Comunicación (AEIC) e do Consello editorial das revistas científicas A Trabe de Ouro (Sotelo Blanco Edicións, Compostela) e Trípodos (Universitat ramonllull, Barcelona).
- Margarita Ledo Andión
- 2004
- Documental
- 88'
- Galego, portugués, inglés e español
En V.O. Subtitulada ao castelán, galego, inglés e francés.