Familia de Oficio

  • Olaia Ledo Díaz
  • 2016
  • Serie documental
  • 28'
  • Galego

 Hai familias en que o saber facer se transmite de xeración en xeración e o mesmo oficio vai pasando de pais a fillos e perfeccionándose co tempo. Trátase moitas veces de traballos que están a piques de desaparecer e, noutros casos, as novas xeracións combinan a sabedoría da tradición coa calidade da innovación.

 Achegarse á figura da familia como alianza e lugar de coñecemento, é o obxectivo do programa, realizado por Nós, Produtora Cinematográfica Galega.

 Cada capítulo conta a historia dunha familia onde distintas xeracións conviven no coñecemento e aplicación dun oficio. Músicos, restauradores, oleiros, palilleiras, polbeiras, ferreiros, zapateiros e outros oficios de diferentes sectores amosarán a través de diferentes personaxes o día a día do noso país. As familias protagonistas de cada semana falarán sobre o seu traballo, contarán anécdotas e explicarán os cambios que o seu oficio sufriu co devir do tempo.

Film credits
Guión e produción executiva Olaia Ledo Díaz
Imaxe Xosé Manuel Hermida
Cámara Roi Fernández, Pablo Garrido, Alberto palacios
Son Javier Romo, Alejandro García, Leticia Fernández
Axudante produción Rosario Cideres
Posprodución son Cinemar Films
Posprodución imaxe Pablo Lamosa
Asesoría ASDEGA

Olaia Ledo Díaz

Natural de Corcubión, a súa primeira incursión ao cinema é nesa vila aos seis anos na produción "limpade malditos". Licenciada en Ciencias do Mar, a súa toma en contacto co audiovisual é, desta maneira, primeiro a través da familia, cun ciclo de produción de radio, tele e cinema e un máster en posprodución de video despois. Traballadora como guionista nos documentais "O país dos Mixtos", "Inmigrantes no país da emigración" e nos programas para a TVG "Imos de Viños" e "Familia de Oficio", en Nós tamén traballou como axudante de produción no filme "A Cicatriz Branca" e é a produtora executiva da segunda e terceira tempada de Familia de Oficio. Xurado no 2011 do MUFEST, realizou diversas curtas documentais para Semente Trasancos na que é salientable "Neira Vilas e Semente" a cal participou no Festival de Cine Galego de Adega (Lugo, 2015) e "Semente e Língua" curta que se pode ver na canle de youtube. Colaborou en sermosgaliza cunha columna sobre cinema galego na súa edición en papel. É a directora de produción no último filme da produtora: Nación

  • Olaia Ledo Díaz
  • 2016
  • Serie documental
  • 28'
  • Galego

DVD

O nome da produción na que estás interesado/a.
Indica o teu nome.