A cicatriz branca

  • Margarita Ledo Andión
  • 2012
  • Largometraje
  • 92'
  • VOSG

Desde principios do século vinte ás mulleres galegas que emigraban soas eran acollidas en Bos Aires polas Carmelitas Terciarias, as “Fillas de María” ou pola “Sociedad Protectora de la Joven Sirvienta”. Necesidade, abandono, agresións sexuais, nais solteiras… como causa, máis unha cidade distante e burlona, onde a meirande parte delas pasaron a ter a condición de “mucamas”, de “criadas de camadentro”. Esta é a paisaxe de fondo para A cicatriz branca. Sen lugar onde ir nin a quen acudir, Merce pasa tres días e tres noites encrequenada na Estación Constitución onde a súa vida entrenza coa de outras migrantes. Á par dun traballo na fábrica Mil8, Merce casa, asiste a clases de contabilidade nalgunha das Sociedades Galegas mais un bo día a norma esnaquiza por algo tan simple como prendarse dunha situación que aínda non é quen de nomear. Representadas no imaxinario como cadeliñas fieis, traballadoras e analfabetas; case seempre como túzaras, atravesadas e agarradas; ocorrentes e chocalleiras na serie radiofónica e cinematográfica “Cándida”; como obxecto de desexo, por veces, o “síndrome da galega” identifícase por certas fobias, unha culpabilidade marcada, o medo ao ridículo e o pánico a estar na boca dos outros, o temor a ser xulgada.

Cunha única imaxe na cabeza, aa dos seus abrazados no peirao cun queixo, un bolo de pan, un cobertor e, se cadra, unha máquina de coser, o seu fardel —de agardala alguén— completábase con seis camisas de lenzo ou azafrán en rama para os que a viñana recoller.

Film credits
Guion e dirección Margarita Ledo Andión
Dirección de fotografía Pablo Cayuela Miguel
Son David Machado, Sebastián Sonzongni, Xoán Escudero
Edición Ramiro Ledo Cordeiro
Música Abe Rábade
Elenco Eva Veiga, Xabier Deibe, Lino Braxe, Tamar Novas, Margarita Fernández, Mónica Camaño, Xoana Pintos, Clotilde Iglesias, Néstor Ageitos e Darío Ageitos
Colaboración especial Manuel Sánchez Salorio e Carmen Valiño de Arias
Produción executiva Margarita Ledo Andión y Vanessa Ragone
Dirección de produción Katrin Pors y Carolina Urbieta
Coord. produción Silvia Roca
1º Axudante de dirección Ozo
Dirección de Arte Bernardo Tejeda
Xefa de Arte Andrea Benítez
Preparación actoral Carlos Neira
Posprodución de son Cinemar Films
Posprodución de imaxe Deluxe Madrid
Consultoría de Son Dolby
Deseño gráfico uqui.net

Margarita Ledo Andión

Poeta e escritora, da súa novela Porta Blindada (Edicións Xerais, Vigo,1990) sae a personaxe masculina central do filme ‘¡A cicatriz branca’; investigadora e autora de obras sobre cinema autoral como Cine de fotógrafos (Gustavo Gili, Barcelona, 2005), Premio Espais d’Art Comtemporani; cineasta experimental en ‘Illa’ (2009) ou en ‘Cienfuegos, 1913’ (2009); axitadora política e feminista, fai dialogar todo o que na historia ficou sen desenvolver nos seus documentarios ‘Santa Liberdade’ (Galiza/Brasil/Venezuela, 2004) e en ‘Liste, pronunciado Líster’ (Galiza,2005), para desenvolver proxectos académicos en torno ás pequenas cinematografías, as políticas da diversidade e os novos modos de consumo cultural. É catedrática de Comunicación Audiovisual da USC, numeraria da Real Academia Galega, preside e co-preside diferentes asociacións científicas locais e internacionais no eido das ciencias da comunicación, e coñeceu o exilio durante a ditadura franquista.

  • Margarita Ledo Andión
  • 2012
  • Largometraje
  • 92'
  • VOSG

Contenido extra: entrevista coa directora, imaxes da rodaxe, etc.

DVD

O nome da produción na que estás interesado/a.
Indica o teu nome.