Xa podedes ver o tráiler de "Nación" en todas as plataformas

11.Out.2020

O domingo 11 de Outubro estreouse o tráiler de Nación en todas as plataformas. O filme de non ficción de Margarita Ledo comeza singladura por diferentes festivais antes de pasar polas salas de cinema.

A posprodución de Nación chega ao seu fin e comeza unha nova etapa

07.Out.2020

A rodaxe de Nación durou, en diferentes fases , un ano. O traballo de documentación e guión moito máis.

Rematada a terceira tempada de familia de oficio

19.Ago.2017

Foi unha tempada longa no traballo, máis dun ano de gravacións e máis pronto que tarde poderedes vela na TVG. Queremos agradecer ás familias o bo ambiente e que abriran as portas e xanelas das súas casas para mostrarmos toda a luz que transmiten os seus oficios e o seu día a día.

Santa Liberdade na fundaçom Artábria

19.Xan.2017

Esta sexta (venres) 20 de xaneiro ás 20h proxectarase en Ferrol no local da Fundaçom Artábria o filme de Margarita Ledo "Santa Liberdade", primeira longametraxe da catedrática en comunicación audiovisual e ao cal seguirían outros coma Liste, pronunciado Líster ou A cicatriz branca.

Esta fin de semana estaremos no Culturgal e na Revista FDS

03.Dec.2016

A maior feira da industria da cultura en Galiza contará coa presenza da nosa produtora os dous días. Onte (venres 2), o xerente de Nós, participou nunha palestra sobre televisión e mañá á 13:30 no salón de actos proxectarase Manuel María: eu son fala e terra desta miña terra.

Premio "Facer País" 2016 a Margarita Ledo

10.Nov.2016

A catedrática de comunicación audiovisual, académica e membro fundadora da produtora Nós, Margarita Ledo Andión é a gañadora do XV Premio Ramón Piñeiro "Facer País", galardón da Asociación Cultural Val de Láncara que recoñece cada ano o labor dunha persoa ou entidade a favor do desenvolvemento de Galiza.

Proxección A cicatriz branca no Grove

05.Mai.2016

Nova proxección da cicatriz branca. O concello do Grove, dentro de Cinemas de Galicia porá este sábado 7 na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey (rúa Monte da Vila, 11) ás 20h o filme de margarita Ledo Andión, A Cicatriz Branca.

Proxección en Bos Aires da Cicatriz Branca

26.Abr.2016

A cicatriz branca volve a Bos Aires co gallo da Feira Internacional do Libro. Proxectamos o día 4 de maio ás 21:00h no Espazo INCAA Gaumont.

Pesentación libro - DVD en Ourense

05.Abr.2016

Presentación en Abril de Manuel María eu son fala e terra desta miña terra

exposición 15/40 aniversario 23 de marzo

22.Mar.2016

O mércores 23 de Marzo a partires das 20h da tarde inauguramos unha exposición restrospectiva dos 15 anos da refundación da produtora Nós na Galería Rei Zentolo Ribeira.

Proxección

10.Mar.2016

O venres 11 de marzo na casa dos saberes (Lugo) proxectarase Manuel María: eu son fala e terra desta miña terra e presentamos o libro-DVD de Margarita Ledo Andión sobre Manuel María.

APuntamentos para un filme

08.Mar.2016

Presentación do documental de APuntamentos para un filme. Apuntamentos previos á rodaxe da Cicatriz con mulleres galegas que emigraron cara as américas cunha historia nunca contada até o de agora.

Presentación na Coruña do Libro-DVD Manuel María

29.Feb.2016

O vindeiro Venres 4 ás 19:30 en Berbiriana, libros e grolos presentamos na cidade da Coruña Manuel María: eu son fala e terra desta miña terra.

Penúltimo programa de Familia de Oficio

27.Feb.2016

Este domingo 28 todos pegados á pantalla da galega para ver o penúltimo programa da tempada. Estaremos na Estrada, na gandeiría Louzao.

Manuel María: eu son fala e terra desta miña terra

26.Feb.2016

O xoves 25 de febreiro presentamos o libro-DVD Manuel María: eu son fala e terra desta miña terra na libraría NUMAX. O libro e o documental dirixdo por Margarita Ledo son unha homenaxe ao poeta da terra que sae a luz no 2016 co gallo das letras galegas adicadas a el